recently featured posts we've got 18 articles so far

Libro para o mes de xuño 100

jun17

Soledad de los numeros primos-Fotolito-Stef LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS
Autor:Giordano, Paolo
Colección:Narrativa
Título original: SOLITUDINE DEI NUMERI PRIMI, LA
Traductor:Juan Manuel Salmerón Arjona
ISBN:978-84-9838-205-1
Núm. pags.:288

Con tan só vinte e seis anos, Paolo Giordano converteuse no fenómeno editorial máis relevante dos últimos tempos en Italia. A soidade dos números primos, primeira novela deste licenciado en Física Teórica, foi galardoada co Premio Strega 2008 (o máis importante de Italia) e conseguiu un éxito sen precedentes para un autor novel: máis dun millón de exemplares vendidos. Así mesmo, espertou un gran interese internacional e será traducida a vinte e tres idiomas.

Existen entre os números primos algúns aínda máis especiais. Son aqueles que os matemáticos chaman curmáns xemelgos, pois entre eles interponse sempre un número par. Así, números como o 11 e o 13, o 17 e o 19, ou o 41 e o 43, permanecen próximos, pero sen chegar a tocarse nunca. Esta verdade matemática é a fermosa metáfora que o autor escolleu para narrar a conmovedora historia de Alice e Mattia, dous seres cuxas vidas quedaron condicionadas polas consecuencias irreversibles de senllos episodios ocorridos na súa nenez. Desde a adolescencia ata ben entrada a idade adulta, e a pesar da forte atracción que indubidablemente os une, a vida erixirá entre eles barreiras invisibles que porán a proba a solidez da súa relación. A sutileza dos trazos psicolóxicos dos personaxes, así como a fondura e complexidade dunha historia que suscita nos lectores as reaccións máis variadas, resaltan a admirable madurez literaria deste novo autor á hora de asomarse, nin máis nin menos, á esencia da soidade.

Como Auga para Chocolate – Novela de entregas mensuais con receitas, amores e remedios caseiros 158

may18

Como Auga para Chocolate

comoaguaparachocolateAutora: Laura Esquivel

Resumo:

Tita é a menor de tres irmás que viven nun pequeno rancho en México xunto á súa nai. Está locamente namorada de Pedro pero é un amor imposible. Ao ser a menor e segundo a tradición debe quedar solteira coidando á súa nai ata que ela faleza.

Pedro tamén está namorado de Tita e para poder estar preto dela casa con Rosaura, a súa irmá maior. Tita refúxiase na cociña e a través dela consegue transformar as emocións e sentimentos de todos aqueles que proban as súas receitas.

A historia está ambientada a principios do século XX na época da revolución mexicana. Reflicte a sociedade machista e represora daqueles tempos nos que as tradicións ían por diante de calquera lóxica e sentido común ante determinadas circunstancias.

A novela está estruturada en doce capítulos (en referencia aos doce mese do ano) e cada un deles comeza cunha receita de cociña, que marcará o desenvolvemento dos mesmos. A protagonista cociña diversos pratos típicos mexicanos que provocarán distintos sentimentos a todo aquel que os probe: alegría, tristeza, soidade, rebeldía, independencia.

Baseada neste libro, que rompeu rexistros de venda como o máis vendido dos últimos 20 anos, temos a película dirixida por Alfonso Arau, unha película mexicana que obtivo dez premios Ariel. Ocupa o lugar 56 entre as 100 mellores películas do cine mexicano, e foi, ademais, a oitava película estranxeira máis taquillera de Estados Unidos

Libro para o mes de maio 170

abr28

estrellas O Cazador de Estrelas

Autor:  Gómez Gil, Ricardo

Editorial:  Edelvives

Colección: Alandar

Páxinas: 176 Páxinas

Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauís. Unha doenza pulmonar obrígalle a permanecer inválido na súa tenda, desde onde escoita atentamente os sons que chegan ata el. A través do oído trata de imaxinar o que sucede ao seu ao redor. Unha noite coñece a Jamida, un sorprendente ancián, mestura de sabio e de guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e do nome das estrelas.Ese encontro permitiralle ver un mundo máis aló dos opacos límites do seu jaima.

Calor 59

abr28

anag_calor.ps

Título: Calor

Autor: Bill Buford

Editorial: Anagrama. Panoráma de narrativas

460 páginas

Todo empeza cando Bill Buford invita a cear á súa casa a Mario Batali, o exuberante cociñeiro que seduciu, desde o seu restaurante de tres estrelas, aos padais máis refinados de Nova York. Buford escribe un artigo sobre o pantagruélico chef, pero tamén quere aprendelo todo sobre o mundo da cociña profesional e pescudar que clase de cociñeiro podería ser el. Entón Bu-ford alístase na dantesca cociña de Batali, onde comezará a traballar como aprendiz e ascenderá entre queimaduras e humillacións a empinada escala que vai de pinche a cociñeiro. Pero a viaxe de Buford non acaba tras uns meses na testosterónica cociña: marchará a Italia a traballar xunto a un carniceiro que recita pasaxes do Inferno de Dante e a un restaurante onde lle ensinan que os tortellini perfectos son como o embigo dunha muller; e tamén a Londres, con Marco Pierre White, o máis temperamental dos cociñeiros de Gran Bretaña.

A Mansión dos Pampín 0

abr21

pampim1Título orixinal: A mansión dos Pampín

Autor: Miguelanxo Prado

Publicación: 2005, Norma Editorial

Número de páxinas: 48

Sinopsis:

Miguelanxo Prado dedica  este traballo a un público adolescente.

O señor Indalecio Pampín e a súa familia prométenllas moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río.
Pero cando el, o seu amantísima esposa e os seus dous fillos adolescentes chegan á mansión… descobren que o que pensaban que era un soño converteuse na peor dos seus pesadelos. Empeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic español dos últimos anos…

Este libro sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.

A mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos.

O cociñeiro do Dux. Venecia, século XV. O escenario perfecto para os segredos, as paixóns e a traizón 0

abr16

lemo1970

Autor: Elle Newmark

Título orixinal: The book of unholy mischief

Datos edición: Planeta, Planeta Internacional, Barcelona, 2009, 1ª edición

Argumento:

Venecia, 1498. Con apenas catorce anos, Luciano sobrevive nas rúas da cidade. Un día, Amato Ferrero, o chef de cociña do Dux de Venecia, velle roubando unha granada e lévallo á súa cociña, onde lle limpa e prepáralle para que se converta no seu aprendiz. Por aqueles días corre un rumor nas rúas de Venecia sobre a existencia dun libro misterioso e antigo que contería fórmulas secretas de gran valor que todos, por unha razón ou outra, buscan. O Dux espera poder curar a sífilis que padece e que está acabando coa súa vida; o Consello dos Dez espera poder desacreditar ao papa de Roma e converter a Venecia no centro de poder de Italia e Luciano cre que poderá conquistar a Francesca coas fórmulas do amor eterno? Ningún deles deterase ante nada para conseguir o libro. Aos poucos Luciano observa como o chef Ferrero altera o curso dos acontecementos políticos a través da comida que prepara e empeza a sospeitar del. Quen é realmente o Chef Ferrero?

No cociñeiro do dux, Elle Newmark invítanos a penetrarnos nun ambiente único: unha cociña renacentista italiana na que se cocen as reviravoltas desta novela. Con gran minuciosidade, a autora faranos saborear cada detalle desta historia de intriga, misterios e traizóns no corazón de Venecia. Unha novela deliciosa, unha experiencia inesquecible.

Libro para o mes de Marzo 0

mar5

ollos

Ollos de auga”, novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, un personaxe co que axiña nos imos familiarizar, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro.

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O séu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.

Ano de Publicación. 2006

Xénero. Narrativa

Editorial.Galaxia

Número de pax. 248

ISBN. 978-84-8288-927-6

BENVIDA A “LE + NA REDE” 0

feb22

Qué é o club de lectura virtual?

É unha canle que permite compartir lecturas e pór en común impresións e opinións sobre o lido, neste caso a través de Internet, xa que moitos lectores non atopan a opción de compartir as súas lecturas, quizá porque non teñen tempo ou posibilidade de acudir ás xuntanzas do club de lectura presencial do IES.

Así este grupo de persoas afeccionadas á lectura vos atoparedes no noso blog para comentar e valorar, coa axuda dun coordinador, un libro prestado gratuitamente pola Biblioteca do IES Manuel Antonio. Os membros do club desenvolveredes as vosas actividades, análises e comentarios exclusivamente a través deste blog específico polo que non é necesario que vos reunades fisicamente. Só tedes que vir á Biblioteca a recoller e devolver o libro prestado.

A quen está dirixido?

A todos os membros da comunidade educativa do IES Manuel Antonio, aos que traballades nel, ou no Centro Residencial Docente ;a todos os alumnos/as que vivides alí ou que estudades nalgún dos outros IES da zona do Meixoeiro. Así como a todos os traballadores destes institutos e do Hospital.
Para ser membro do club non fai falta ser un experto lector, está pensado para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. O principal vínculo de unión entre os integrantes dun club de lectura radica no gusto por compartir literatura.

Requisitos

Para convivir hai que respectar unhas normas obvias que vos recordamos:

  • As mensaxes deben estar asinadas con nome, facendo constar tamén o curso ou lugar de procedencia.
  • O respecto, que non está rifado nin coa discrepancia nin co debate razoado, debe ser unha característica de todas as intervencións.
  • Mantende unha actitude positiva
  • Nun foro literario, parecería absurdo non atender á forma de expresión. Intentemos, pois, que as nosas mensaxes sexan coidadosos na forma, intentando evitar a ortografía descoidada ou as simplificacións innecesarias do tipo das utilizadas nas mensaxes sms.
  • Podedes redactar as vosas opinións tanto en galego como en castelán.
  • Os administradores do Foro poderán eliminar aquelas mensaxes que non se axusten a estas mínimas condicións de participación.

E unha vez recordadas estas cousas, deixádenos que, unha vez máis, deámosvos a benvida máis sincera. Queremos ser cada vez máis os que nos atopamos aquí para falar de literatura e de libros. Tedes diversas opcións para que todos podades atopar algunha obra que vos interese.

Esperamos a vosa participación !

Club de Lectura Virtual is powered by WordPress and FREEmium Theme.
developed by Dariusz Siedlecki and brought to you by FreebiesDock.com