Calor 0

Título: Calor
Autor: Bill Buford
Editorial: Anagrama. Panoráma de narrativas
460 páginas
Todo empeza cando Bill Buford invita a cear á súa casa a Mario Batali, o exuberante cociñeiro que seduciu, desde o seu restaurante de tres estrelas, aos padais máis refinados de Nova York. Buford escribe un artigo sobre o pantagruélico chef, pero tamén quere aprendelo todo sobre o mundo da cociña profesional e pescudar que clase de cociñeiro podería ser el. Entón Bu-ford alístase na dantesca cociña de Batali, onde comezará a traballar como aprendiz e ascenderá entre queimaduras e humillacións a empinada escala que vai de pinche a cociñeiro. Pero a viaxe de Buford non acaba tras uns meses na testosterónica cociña: marchará a Italia a traballar xunto a un carniceiro que recita pasaxes do Inferno de Dante e a un restaurante onde lle ensinan que os tortellini perfectos son como o embigo dunha muller; e tamén a Londres, con Marco Pierre White, o máis temperamental dos cociñeiros de Gran Bretaña.
subscribe to comments RSS
There are no comments for this post