Article written

  • on 22.02.2009
  • at 12:49 PM
  • by admin

BENVIDA A “LE + NA REDE” 0

feb22

Qué é o club de lectura virtual?

É unha canle que permite compartir lecturas e pór en común impresións e opinións sobre o lido, neste caso a través de Internet, xa que moitos lectores non atopan a opción de compartir as súas lecturas, quizá porque non teñen tempo ou posibilidade de acudir ás xuntanzas do club de lectura presencial do IES.

Así este grupo de persoas afeccionadas á lectura vos atoparedes no noso blog para comentar e valorar, coa axuda dun coordinador, un libro prestado gratuitamente pola Biblioteca do IES Manuel Antonio. Os membros do club desenvolveredes as vosas actividades, análises e comentarios exclusivamente a través deste blog específico polo que non é necesario que vos reunades fisicamente. Só tedes que vir á Biblioteca a recoller e devolver o libro prestado.

A quen está dirixido?

A todos os membros da comunidade educativa do IES Manuel Antonio, aos que traballades nel, ou no Centro Residencial Docente ;a todos os alumnos/as que vivides alí ou que estudades nalgún dos outros IES da zona do Meixoeiro. Así como a todos os traballadores destes institutos e do Hospital.
Para ser membro do club non fai falta ser un experto lector, está pensado para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. O principal vínculo de unión entre os integrantes dun club de lectura radica no gusto por compartir literatura.

Requisitos

Para convivir hai que respectar unhas normas obvias que vos recordamos:

  • As mensaxes deben estar asinadas con nome, facendo constar tamén o curso ou lugar de procedencia.
  • O respecto, que non está rifado nin coa discrepancia nin co debate razoado, debe ser unha característica de todas as intervencións.
  • Mantende unha actitude positiva
  • Nun foro literario, parecería absurdo non atender á forma de expresión. Intentemos, pois, que as nosas mensaxes sexan coidadosos na forma, intentando evitar a ortografía descoidada ou as simplificacións innecesarias do tipo das utilizadas nas mensaxes sms.
  • Podedes redactar as vosas opinións tanto en galego como en castelán.
  • Os administradores do Foro poderán eliminar aquelas mensaxes que non se axusten a estas mínimas condicións de participación.

E unha vez recordadas estas cousas, deixádenos que, unha vez máis, deámosvos a benvida máis sincera. Queremos ser cada vez máis os que nos atopamos aquí para falar de literatura e de libros. Tedes diversas opcións para que todos podades atopar algunha obra que vos interese.

Esperamos a vosa participación !

subscribe to comments RSS

There are no comments for this post

Please, feel free to post your own comment

* these are required fields

Club de Lectura Virtual is powered by WordPress and FREEmium Theme.
developed by Dariusz Siedlecki and brought to you by FreebiesDock.com