Article written

  • on 18.06.2014
  • at 10:47 AM
  • by admin

CHOCOLAT, de Joanne Harris 0

jun18

Joanne Harris é unha escritora inglesa nada en 1.964. De pai inglés e nai francesa, criouse na tenda de carJoanne Harris by Takazumiamelos dos seus avós. Ambas familias teñen historias e secretos turbulentos, protagonizadas por mulleres fortes e expertas cocineras.

Todo iso foi o caldo de cultivo para conseguir inspiración e escribir as súas novelas. A primeira foi publicada en 1.989, con pouca repercusión. Non foi ata 1.999 cando conseguiu o seu primeiro éxito: ‘Chocolat’, chegando a ser número uno nas listas dos máis vendidos en moitos países e gañando numerosos premios.

Desde entón, todas as novelas da autora convertéronse en best-sellers. Trala súa obra máis soada seguíronlle dúas continuacións nas que narraba a vida de Vianne Rocher tras ‘Chocolat’

En 2.012, Joanne Harris alcanzou a rechamante cifra do millón de exemplares vendidos por todas as súas novelas en Reino Unido.

A novela ” Chocolat” trata dun párroco dunha pequena localidade francesa que non ve con bos ollos achocolat-ebook-9788499890036 chegada ao pobo de Vianne Rocher, unha singular muller que decide montar unha chocolatería. Pensa que este non pode ser senón o primeiro paso para caer na tentación e no pecado. E fronte a el, a moza Vianne Rocher só pode apelar á alegría de vivir das xentes… “o chocolate converterase en algo máis que un pracer para os sentidos”.

A verdade é que “Chocolat” eunha novela sorprendente. O meu pensamento levoume a primera vista a crer  que sería un texto valeiro, comercial, pero a sorpresa foi maiuscula cando atopei un estilo coherente e dinamico, onde a autora propón una historia ben estructurada e escrita con moita sensivilidade, onde describe de forma deliciosa paisaxes e obxetos.

En difinitiva plantea una vela historia de amor a través dunha trama gastronómica (concretamente, a repostería), como sucede de xeito parecido en “como agua para el chocolate”. En ambas novelas a comida trasforma as conductas dos pesoaxes, outorgando a esta poderes capaces de cambiar una vida.

Son moitos os personaxes que aparecen na obra de Joanne Harris. E a pesar de que estes circulan poo un pobo pequeño, todos eles teñen unha pequena dose de protagonismo, e Vianne Rocher encargarase de escoitar os seus problemas, de resolver os seus conflitos e de compartir as súas alegrías e pesares.

En ‘Chocolat’, Joanne Harris presenta as dúas versións dunha mesma historia: a chegada e posterior establecemento de Vianne Rocher a un pequeno pobo francés. Por unha banda, en primeira persoa a protagonista narra as súas experiencias nese novo lugar. Por outro, o cura da localidade vai relatando como, desde o principio, a chegada da forastera cáusalle unha profunda repulsión. O relixioso irá espertando no lector un amplo abanico de sentimentos ao longo de toda a novela: desde rexeitamento ata mágoa e ata comprensión. Un bo antagonista, sen dúbida, que actúa de acordo ás doutrinas que trata de impoñer ás súas feligresas. Non sempre se move por malos sentimentos, e aínda que sexa un personaxe bastante antipático, a evolución que experimenta ao longo da novela convérteo no mellor de todos os personaxes.

Chama a atención o feito de que a novela sexa atemporal. É dicir: a historia enmárcase nunha época inconcreta que podería ser calquera momento ao longo da segunda metade do século XX. O lector, por certos detalles, pode ser capaz de acoutar algo máis o periodo, pero non en exceso.

A película,  co mesmo título e baseada na novela, é digna de ver. Está protagonizada por Johnny Deep, que interpreta ao xitano Roux e Juliette Binoche no papel de Vianne Rocher.

subscribe to comments RSS

Comments are closed

Club de Lectura Virtual is powered by WordPress and FREEmium Theme.
developed by Dariusz Siedlecki and brought to you by FreebiesDock.com