Trago amargo- novela e cóctel 0

Trago amargo de F.G Haghenbeck:
O libro gañou en México o ‘Premio Nacional de Novela Una Vuelta de Tuerca 2006′ á mellor novela policial.
O escritor sitúa a súa novela en plena rodaxe de ‘A noite da Iguana‘, dirixida por John Huston e filmada en Porto Vallarta (México), enclave no que se desenvolve un peculiar investigador, Sunny Pascal.
Intriga, chantaxe, roubos, estrelas de Hollywood, 26 receitas de cócteles e a atmosfera ambientada en México son os ingredientes principais de ‘Trago amargo’. Ademais de algo de ‘road movie’, o autor introduce algunhas aventuras de violencia e detectives.
Cando a Sunny Pascal -o primeiro detective beatnik da historia, metade en todo –metade mexicano, metade gringo; metade alcohólico, metade surfer; metade vivo, metade morto; alguén con half español, metade english– encárganlle que faga de aia dun grupo de estrelas de Hollywood durante a rodaxe da noite da iguana, parece que se trata dun traballo fácil: unha praia paradisíaca en México, moitos bares no camiño e ondas para practicar surf.
Claro que a cousa complícase se as estrelas en cuestión son Ava Gardner e as súas pernas eternas, Sue Lyon coa súa inocencia finxida, e Richard Burton, bébedo e violento, e que ademais chega a Porto Vallarta acompañado de Elizabeth Taylor.
Moitos ingrendientes para que o cocktail non resulte explosivo.
subscribe to comments RSS
There are no comments for this post